Quizais reclamar agora este dereito parece unha reivindicación superflua e innecesaria. Todos temos en mente tal privilexio na nosa civilización occidental: despois de séculos de censuras, persecucións e órganos inquisidores cuxa función era calar a quen quixera levantar a súa voz, libremente, contra o establecido, estamos nun punto no que podemos expresar o que pensamos sen medo a represalias.
Con todo, aínda temos sangrantes casos como o embargo da revista El Jueves, por todos coñecido, que nos recordan que algo non funciona como debería, que esa liberdade que cremos ter nos sempre está aí. Porque non importa que se trate dun presidente suramericano saído do barrio máis baixo de Caracas ou dun escatolóxico humorista. Todos temos dereito a expresarnos, e pola banda contraria, a rebater ou apoiar o que se escoita. Pero nunca, en ningunha ocasión, se pode mandar calar unha idea ou opinión de forma categórica, sexa un campesiño ou un rei quen o faga.
Por iso creo que deberiamos ter máis en conta esta palabra, a isegoría, que nin sequera figura no dicionario así que, segundo a normativa, non existe. E un concepto tan importante como a liberdade de falar debería contar coa súa propia palabra porque, do contrario, perderémolo, ensumíndose na carencia de identidade, perdéndose no limbo dos significados. Porque non podemos defender e loitar por algo que non ten nome por moito que queiramos.
1 comentario:
Para empezar, estoy de acuerdo (¿te sorprende, eh xD).
Aunque, quizá a veces no sea un problema de poder, sino de querer y saber. Estoy convencida de que la verguenza, la inseguridad en la propia opinión y la dificultad de expresión callan muchas voces.
Por tanto, espero que el filólogo salve palabras el profe cabecitas... que de las laringitis ya me encargaré yo.
Publicar un comentario