
Pero o outono ten algo máis. É máis dourado que o verán, e vai menos frío que no inverno. E ten tantas e tan vistosas cores como a primavera. En conclusión, para min é, probablemente, a época máis fermosa do ano.
Agora vai rematando, chegado decembro, pero estes estertores resultan o máis espectacular dos 89 días que dura. As árbores apúranse por desfacerse das follas máis resistentes que, ao final, acabarán formando parte do acolchado solo baixo os nosos pés, e a min gústame o chan cando está cuberto de follas, é o máis parecido a camiñar nas nubes.
Quizais sexa curioso preguntarse que fai que unha persoa prefira unha estación a outra. Eu penso que sempre inflúen os recordos que se teñan dunha certa época ou, tal vez, inflúa o momento no que un chega ao mundo (encántame o mes de marzo). Sexa como for, a verdade é que ningunha etapa pode resultar agradable en soidade. Pode existir, en cada un de nós, unha certa predilección por unha estación ou mes do ano, pero de nada serve ter flores en maio, neve en xaneiro ou piscina en agosto se no se ten a ninguén con quen compartilas.
Realmente, non hai unha época mellor que outra ao longo do ano (abstéñanse de comentar alérxicos). Hai un factor clave en ver un momento como irrepetible, e é o poder compartilo. Como exemplo, non se explica, se non é así, que poida recordar as semanas da Selectividade da forma tan intensa e idealizada como o fago.
É así, con amigos, como cada intre pasa a ser unha pequena xoia máis do tesouro da memoria, e como consigo camiñar nas nubes sen necesidade de follas no chan.
2 comentarios:
Realmente, no sé por qué estoy escribiendo un comentario. Comparto completamente lo que has escrito y, desde luego, no voy a expresarlo mejor. Además yo soy alérgica y pesimista, por lo que nunca iba a ser imparcial... ¿o tal vez sí?
Es cierto que en el mes de marzo empiezo a estornudar compulsivamente y no paro hasta julio, pero hay tantas horas de una luz tan bonita...
Y el calor que pasamos en verano, combinado con el aburrimiento crónico propio de esas fechas, puede llegar a ser desquiciante, pero qué me dices de ese momento en que empieza a anochecer y se levanta una brisa tranquila al tiempo que en el cielo se dan cita todos los colores imaginables...
Claro que no es agradable que la noche empiece a media tarde, pero ¿alguien se ha parado a disfrutar de la bruma de noviembre o del aire limpio y fresco de enero?
Sin duda, somos afortunados al poder elogiar cada momento del año y cada hora del día... y al disfrutar del elogio de cada uno de esos instantes en forma de un recuerdo feliz...
(ves? para qué quiero yo un blog??) ^^
Sinto como se te estiveses a probar a ti mesmo con cada entrada que fas, e escribises todo o mellor que podes. Non sei porque comento sobre iso, en lugar de decirche o que mola o contido do texto, pero e algo que me chamou a atencion.
Gustanme moito as tuas reflexions, ¡en serio! ademais... as veces penso que compartimos un mesmo punto de ver determinadas cousas. E como leerme a min mesma.
E si C, ¿para que queres ti un blog? disfruto doblemente o leer a entrada de alex e o leer o teu comentario. Da gusto percivir a profundidade psicoloxia dalgunhas persoas. Ainda que, sabes que contades con amplo e interesante mundo interior xa o sabia.. ;P
Publicar un comentario