27/4/09

Te lo juro por la Consti

"No hay conflicto lingüístico en la calle, el conflicto lingüístico viene de la imposición."

"Las lenguas no tienen derechos, los tenemos las personas."
Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe.

"El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla."
Constitución Española de 1978, punto 1 do Artigo 3.

"Sólo me como a los niños de las galescolas."
"Defiendo mi libertad de expresión, y si mi opinión molesta, pues mejor"
Federico Jiménez Losantos, a súa liberdade empeza onde remata a túa paciencia.

26/4/09

Manifiesto de la ciencia contra la ofensiva del dogmatismo religioso

Los abajo firmantes, pertenecientes a las ciencias naturales, a las ciencias sociales y a las ciencias humanas, desde las matemáticas hasta la filosofía, pasando entre otras por la física, la biología, la psicología y la sociología, queremos manifestar lo siguiente.

Cuando al final de la edad media, la razón y la ciencia consiguieron desprenderse del dogmatismo de la fe con el surgimiento de la ilustración y de la modernidad, la religión, arrinconada por la racionalidad y la ciencia, actuó a la defensiva y aceptó cierta independencia entre fe y razón para proteger a la primera del descrédito con que la señalaba la segunda.

Los científicos volvieron a sus quehaceres y se olvidaron de la religión, cuestión que creyeron definitivamente cerrada dada la evidencia de su falta tanto de base empírica como de fundamento filosófico.

La religión, sin embargo, nunca aceptó de buen grado la separación entre fe y razón, e intentó siempre que pudo someter las evidencias científicas a sus concepciones dogmáticas. Y así asistimos hoy en día a una nueva cruzada de la fe, en la que la religión pretende tergiversar los hechos científicos e invadir el espacio público imponiendo a los demás unas creencias que no deberían salir en ningún caso del ámbito privado. Después de decenios en los que la religión permanecía en segundo plano debido a cierto complejo de inferioridad ante los éxitos de una ciencia que le sacaba los colores, ha salida de su retiro forzado con un entusiasmo tan desbordante como dogmático con la intención de dirigir a la sociedad hacia unas posiciones sin fundamento científico, en una especie de regreso a un pasado medieval. [...]
Por fin un sector da ciencia arremete contra a Igrexa como debe. Lede máis no blog do seu manifesto.

18/4/09

Quintana sen danza

¿Quén brúa co-este xemido
d'imenso boi melancónico?

Nai: É a lúa, é a lúa
na Quintana dos mortos.

íSi, a lúa, a lúa
coronada de toxos,
que baila, e baila, e baila
na Quintana dos mortos!


Federico García Lorca

Volvía a casa entre o frío e a humidade, camiñando entre as sombras da xente que ía tras a festa. A medio camiño tomei a decisión: dei a volta para pasar por alí. Outra vez; esta, só. Fica a Quintana dos mortos, mollada, coma sempre, a pedra, mentres percorro o camiño a casa. Escoito fóra dos auriculares a goma empapada nas miñas pegadas. Unha, dúas, unha, dúas...sen eco, sen par, sen compaña. Mentres os focos alumean a catedral, a Berenguela esváese na escuridade do ceo nubrado, muda e xorda, sen lúa. Porque esta noite, sobre a Quintana, non había lúa. Esta noite, na Quintana, non había luz.

11/4/09

A matemática do consenso

"Coa que está a caer, a prioridade non é reformar o Estatuto."
- Ruiz Rivas, voceiro do PPdG sen maioría absoluta, 16 de decembro de 2008.

"O noso país non entendería que durante oito anos non fósemos quen de poñernos de acordo [na reforma do Estatuto]."
- Ruiz Rivas, voceiro do PPdG con maioría absoluta, 11 de abril de 2009.

Anxiety

Catro da mañá. O puto Matías non aparece, e empezo a ter as mans xeadas. Tres cuartos de hora agardando por el naquel rueiro apartado da zona das discotecas, onde só a cada pouco aparecen un ou dous borrachos a mexar nas xa húmidas esquinas de pedra. Que porcallada. Sinto a néboa entre os ósos, e o barullo proveniente das rúas próximas tradéame os ouvidos. Nótome inquedo, nervioso, e o cabrón segue sen chegar. Que chungo. Saco a carteira e conto os billetes. Está xusto. Catro e cinco. Segue sen vir. Camiño dun lado a outro, e a grava arrabuñando o chan québrame a cabeza co seu son. Dóeme. Estou morto de frío, pero comezo a notar suor caéndome pola fronte. ¡Deus, necesito que chegue xa! ¿Cando foi a última...? ¿Hai dous días? ¿Tres? Que importa... necesítoo xa. Moléstame a luz da rúa e próenme os ollos. Baixo a mirada e sigo dando pasos en círculo. Como me doe a cabeza, hostia... Voulle partir a cara cando veña, se é que ven. Catro e dez. Escoito pasos detrás de min. ¿Quen cona será? Doume a volta. ¿Tes os cartos? Si, agarda. Trémenme as mans ao sacar o feixe de billetes de cinco. Toma. Aquí tes. Comprobo a materia. O corazón latéxame da emoción. Coma un neno. ¿A semana que ven outra vez aquí? Está ben. Pero non chegues tarde. Chegarei cando me dea a gana, e ti agardarás. Será cabrón... Vale. Gardou os cartos no peto e marchou. Puto Matías. Percorro un par de rúas até onde non hai ninguén. Por fin. A rúa parece unha mancha negra aos meus lados. Anícome. A culler brilla sobre o chisqueiro. Por fin. A agulla zúgao todo. Subo a manga. Engancho a goma. Respiro forte. Por fin. Pincho. Calor. A rúa cae cara adiante. Vexo a lúa. Brilla. Como a culler. Por fin.

9/4/09

Gales, inimigo de GB

[...] En Galicia o noso partido irmán perdeu un só deputado, pero agora substitúeo no goberno o PP, e a primeira acción dos nacionalistas españois é deixar de apoiar o galego nas escolas de educación infantil, coa fin de "despolitizar" as Galescolas. Así que se aprendes en español é educación, pero se ensinas en galego é ideoloxía. [...]
- Adam Price, parlamentario do Plaid Cyrum (Partido de Gales)

Seguidores