14/5/09

Un acto de fe

O novo Secretario de Política Lingüística non lle gusta nin á Mesa nin a Galicia Bilingüe.

O primeiro era inevitable. O segundo dá pé á esperanza. Veremos.

Liberdade abortada

“Quero un Goberno para todas e para todos, e quero que a Xunta se aproxime o máis posible a un Goberno de concertación, de consensos e non de imposicións”. Esta é unha das moitas frases coas que Alberto Nuñez Feijóo chegou á presidencia da Xunta o pasado 1 de marzo, autoproclamándose como unha especie de pseudo-Obama disposto a traernos a todos os galegos “joup an fridon”. O consenso, a liberdade, a non imposición, oh la lá, l'amour; as palabras de Feijóo xorden da súa boca como un poema de lírica demócrata, e nós, esmagados pola súa maioría absoluta, só podemos ver como se esforza por chegar a acordos coa súa propia grada.
Recordemos cal era a prioridade do mesías de Génova: a crise económica en Galicia. Consecuentemente, cal é a primeira medida lexislativa que abordará o noso parlamento? A crise de valores en Galicia. A nova misión do aforragaiteiros é agora "crear unha rede de protección ás mulleres embarazadas", medida patrocinada polo cargado de amor Foro da Familia. Noutras palabras: perséguese a creación dunha rede levada a cabo ONG's católicas e ultraconservadoras para guiar ás mulleres polo bo camiño do non aborto, "primeira causa de mortalidade infantil". Porque non falan de asesoramento ás mulleres embarazadas para que decidan se abortar ou non, o que buscan é ofrecer “alternativas serias, consistentes e ben articuladas para que as mulleres poidan elixir sobre a súa maternidade”. Por suposto, a alternativa á maternidade desta xente é a maternidade, aínda que a palabra liberdade, que desde que a aprenderon non a soltan, volva saír das súas bocas rodeada dunha aura de cores apasteladas: “Esta iniciativa anima á liberdade, a liberdade a seguir co embarazo as mulleres con dificultades”. Segundo a deputada pepeira que firma esta frase, dedúcese que a liberdade que eles defenden pasa por facer o que eles digan que fagas entre as opcións que eles deixan que teñas. Toda unha sorpresa.

12/5/09

11/5/09

Seguidores