18/7/09

Desmontando a Gloria

¿No resulta fascinante que los nazis siempre consigan introducir la palabra "libertad" en su propaganda?
Stieg Larsson, Los hombres que no amaban a las mujeres

1/7/09

Feijoo pensa en ti

Onte, a Xunta anunciou a venda de 23 Audis do seu parque de automóbiles. Como todos sabemos, a súa adquisición foi un aunténtico despilfarro por parte do bipartito, e nunca do goberno de Fraga, que só mercou 20 vehículos, fronte aos 3 de Touriño. Pois por se fora pouco, o goberno do PP continúa a amosar a súa preocupación pola crise económica e tamén anuncia axudas aos sectores máis necesitados: despois de verán, reduciranse as taxas dos portos deportivos. Deste xeito, os pobres posuidores de iates e demais embarcacións de recreo, afogados pola terríbel situación pola que non dubidamos están pasando, terán un respiro na súa afogada e desesperanzada economía.

Esperamos que o goberno do señor Feijoo siga por ese camiño, gobernando para a totalidade do pobo, e agardamos que nos sorprendan incluindo entre os seus plan máis próximos novos movementos a prol desa solidariedade coa que xa nos teñen afeitos, como a devolución do pazo de Meirás aos lexítimos propietarios, respectando a libertad de roubar dos ditadores golpistas.

¿Disparatado? Empezo a pensar que non.

Seguidores