21/9/09

Coherencia

Feijoo defende que as consultas independentistas deben castigarse por seren ilegais, cando el mesmo fixo unha consulta sobre a lingua sen que ningún parlamento a aprobara. Supoño que será unha nova discriminación democrática "amable", porque se non, non mo explico.

27/8/09

As cousas polo seu nome

Albeto di que "Galicia, maioritariamente, non é nacionalista". Queres dicir "nacionalista galega", don't you?

21/8/09

14/8/09

Canícula

Trinta e cinco graos de calor cando o sol xa non pega e o vento sopra son suficientes para fundirlle o cerebro a calquera ou, cando menos, para acabar coa escasa actividade que agosto permite desenvolver. Aínda así fun quen de chegar a casa, botar toda a roupa que levaba no chan do meu cuarto e ir directo á ducha. A auga fresca devolveume a vida, pero a agradábel sensación de resurrección durou o que a realidade térmica tivo a ben permitirme. Estaba só na casa, e a calor abafante coábase por cada fiestra e porta que atopase; decidín que vestirme era, de momento, evitábel. Acendín o ordenador, e facendo nada, vítima da traizoeira ociosidade, acabei cheirando en fotos de cretinos cos que nunca falara e, con sorte, xamais tería a facelo. Espido, comezando a suar de novo e diante dun monte de merda humana dixital, fíxenme a única pregunta que cabía facerse naquel absurdo silencio:

“Por que non estou a escoitar música?”

9/8/09

Paranigma

A area cae paseniño pero sen deterse mentres esta habitación vai ficando sen ar.
A auga dáme polos pés e xa non podo respirar, dixo a palpitación desesperada facendo cola no paro, xusto cando o volante esquivaba un sinal de obra recentemente inaugurada.

Os cascos manchados de sangue de carneiro son para febles.

A neurona extinta busca algo máis
que meterse porque a razón non lle cobre o mono, e
cando o mono evoluciona nace o home inútil e
baleiro que carece da forza para rachar o
mundo.
"Qué desfachatez",
se todo o mundo sabe
como quitar as manchas de petróleo dos ollos chorosos que buscan
consolo en máquinas expendedoras de
soños á carta.

- Oíches? O camión do lixo veu buscar o cadaleito e seica unha señora protestou.
- Nunca chove a gusto de todos.

Seguidores