6/12/07

Envellezamos sen medrar

Sigur Rós é un grupo islandés de post-rock minimalista cuxas cancións están empapadas de tristeza e melancolía. Son composicións fermosas, emotivas e, en ocasións, esgazadoras. A voz do cantante envolve ao ouvinte nun denso ambiente do que é imposible fuxir sen deixarse levar polo pulo do propio pensamento.

Porén, o que realmente me interesa agora é o videoclip que acompaña á canción. Porque, se as súas canción son evocadoras, os videos que gravan son se cabe mellores. O que agora nos ocupa é Hoppipolla, e da súa tradución ven o nome deste blog. Se alguén é capaz de velo sen emocionarne un chisco, non ten corazón.



Despois de velo, un divaga sobre moitas (demasiadas) cousas. Por que nos facemos maiores? Non falo de cumprir anos, é obvio que iso non precisa dunha resposta. Todo imos chegar, con sorte, a vellos, pero imos deixar de ser nenos? De xogar? De rir? De sorprendernos por todo? Imos deixar de lanzar petardos e de ter por ferida de guerra o nariz ensanguentado?

Hai, sen dúbida, centos de cousas nas que as persoas temos que madurar para enfrontarnos á vida. Pero, por outra banda, pensamos que ao facernos maiores temos que deixar atrás unha parte de nós. Deixamos de facer o que nos gusta por medo á opinión dos demais, que nos tachen de infantiles.

Todos imos levar un neno dentro de nós ata que morramos, polo que deberiamos tomar as críticas dos demais como a auga dos charcos: ficas mollado, pero acaba por secar. E ninguén vai poder quitarche a excitación do salto.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Me encanta la expresión de los bebés cuando miran... abren mucho los ojos, levantan las cejas e incluso dejan que se descuelgue un poco la madibula inferior... Lo hacen así porque todo les fascina, todo es nuevo. . .
Yo no puedo permitirme ser tan inocente, porque entonces me iría de cabeza contra el primer muro que me pusiera la vida delante.
Pero sabre que he triunfado en la vida si llego a los 70 y aun me ilusiona que me enseñes a silbar debajo de un arbol de hojas amarillas (si, si... aunque no hubiera aprendido en 52 años)

Anónimo dijo...

unha vez, hai xa un tempo, pasoume algo moi bo (e largo e non ben agora a conto) o caso e que cando sain a rua, queria saltar, dar voltas e ir cun sorriso na cara todo o rato, mirando con placer o que me rodeaba. Pero... unha moza de 17 anos saltando e comportandose como unha pequena de 6?

contivenme... aguantei o que me pedia o corpo, e sentinme afogada. Isto fixome pensar seriamente nelo. ¿xk? xk deixamos de facer as cousas que de nenos si, ¿soamente polo medo o "que diran"? polas pautas preestablecidas dunha sociedade que nos controla? xk se supon que o medrar temos que adquirir uns novos comportamentos, deixando completamente a un lado o que eramos antes? olvidandoo?

gustoume a tua reflexion lex.

Seguidores