9/2/08

Ira e liberdade

Non está ben falar ou escribir cando un tema está quente. Un pode concorrer, na súa rabia, en erros de coherencia que amolarían un calculado discurso, botando abaixo as normas retóricas nas que se debe impulsar toda expresión ordenada. Pero agora mesmo o meu odio vai demasiado lonxe. Si, odio.

É moi difícil facerme enfadar, e son pouco ou nada rancoroso, pero nestes momentos teño a furia acumulada nas xemas dos dedos e necesito liberala contra esta morea de letras que póboan o meu portátil.

Alguén que coñeza un pouco de historia, saberá que dende un tempo a esta parte a civilización viviu un progresivo aumento de dereitos. Cando se produciu a Revolución Francesa en 1789 comezou un camiño ascendente nas liberdades individuais das que gozamos. Vivimos conquistas dos traballadores, metas acadadas polas mulleres e liberacións de pobos e nacións oprimidos. Non se conseguiu sempre todo: o mundo non é perfecto e o sabemos, pero tampouco estivo mal de todo esta serie de acontecementos.

Porén, esta escalada non foi continua e ininterrompida. Moitas revolucións fracasaron no século XIX e os dereitos dos cidadáns víronse afectados como reprimenda. No pasado século XX, réximes totalitarios truncaron liberdades nada máis chegar ao poder. Podería ocorrer que, xa instalados no século XXI, a alguén se lle pasara pola cabeza recortar dereitos civís? Ou sendo máis duros, algún líder político sería quen de dicir explicitamente que o vai facer?

Eu, iluso, tiña a esperanza de que isto non puidera chegar a pasar. Cría que os nosos logros serían respectados polos demais. Pensei que deixariamos de ser discriminados. E agora sei que me equivocaba.

Hoxe, Mariano Rajoy expresou, por fin, a súa posición en torno ao matrimonio homosexual. Despois de semanas de conflitos entre os partidos e a Igrexa, o líder conservador contestou ao que moitos de nós nos preguntabamos. Fronte á pregunta sobre o que ía facer coa adopción de matrimonios gais, o maricón de España contestou “Eu cambiaríao, si; quitaríalles o dereito”. Así, limpamente e sen remordemento: quitaríanos o dereito.

Era de esperar que o fixera, diredes. E xa o sei, pero non podía imaxinar que puidera chegar a tanto, e dicir explicitamente que vai recortar dereitos. Os meus dereitos. A miña oportunidade de formar unha familia. E non podo reprimir o que sinto ante a esta ameaza.

Vou rematar de escribir este texto de desafogo e de rabia facendo unha alusión á miña idolatrada Rosa Montero. E vou concluír o texto cunha cita súa, final dun artigo seu defendendo o aborto ante estes mesmos fascistas que me levaron a redactar isto. Dicía que “as conquistas civís son pequenas chamas que os ventarróns retrógrados apagan facilmente” e que “non convén nunca baixar a garda”.

Non baixemos a garda. Eles veñen para apagar o lume que tanto custou acender.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

e o mesmo de sempre...

unha rabia tan grande... e unha impotencia...

...tsk...

Anónimo dijo...

Ante todo, decirte que lo comprendo perfectamente. Puede que a mi no me toque este tema de forma tan direccta, pero todo forma parte de lo mismo. Yo voy a tener más difícil el encontrar un trabajo por... ¿por si se me ocurre quedarme preñada y dedicar más tiempo a mi bebé que al negocio? Triste pero cierto. La sociedad se ha transformado demasiado rápido para algunos. Unos pocos progresistas no pueden arrastrar consigo a tanta mente retrógrada anclada en cánones decimonónicos. Aunque creo que todo acabará saliendo bien. Mira, los pasos dados nunca son en vano, siempre dejan tras de si un rastro.
Todos sabemos cual fue la inmediata consecuencia de la revolución francesa. Pero al final lo consiguieron.

Anónimo dijo...

bueno,todo esto verase compensado(esperemos) nas proximas eleccions, onde se os socialistas todos saen a votar como a ultima vez, gañaremos de novo

Quien siembra vientos....

y los señores del PP con su fascismo se la estan ganando

Anónimo dijo...

Non vou crebar unha lanza en favor de Marianito, pero só dicir unha cousa, o dereito ó martrimonio non é un confltio. É lexítimo que se recoñeza a súa unión. O problema surxe con outras cuestións relativas a iso, pero non vou entrar en dicusión.

Pero hai problemas máis importantes ca iso pra que Mariano ande a dicri o que di.

Anónimo dijo...

Alex, rapaz! Son Alba (a de Ou) de Galego. Si, a das conversas agardando o tren calquera venres ás 8 e pico...
Cheguei até aquí e quedei tan encantada co blog, q non podo agardar a dicircho. Está moi lonxe de tantos... "espazos virtuais" ñoños e ególatras, intranscendentes ou irreflexivos!
puf, q fantástico, de veras.
Camións de bicos, e q continúe!

Seguidores