
O caso é que navegando por este mundo de esperpento e delirios humanos que é a rede, atopei cunha noticia, cando menos, chocante: o maxenta é propiedade de T-Mobile, unha empresa alemá. Ese é o espírito do capitalismo extremo, si señor.
Pois ben, no centro de todo isto, e loitando contra a caída do valor en bolsa a usurpación dun xeito tan noxentamente legal de tan prezada cor, atopamos algo así coma un movemento de liberación do maxenta (non, pese ao que poida parecer, non é ningunha plataforma gay): freemagenta.nl. Trátase dun grupo, fundamentalmente composto por deseñadores, que se opón á esta patente, e a súa web é un bo exemplo de humor gráfico e crítica ao absurdo mundo da propiedade intelectual.
Non sei se conseguirán algo, pero desde logo a páxina merecer ser visitada. E nun mundo coma o actual, no que parece que non se pode facer nada por cambialo, a capacidade de rirse das extravagancias desta sociedade sempre é ben recibida.
1 comentario:
Boas Alex.
Non sabía que tiñas un blogue, ¿Hai canto que escribes?.
O que me parece incrible é que nadie poña trabas a ese abuso. Creo que vou comezar a patentar cores.
Publicar un comentario