Adoro o software libre. Fai pouco que me pasei a Linux con Ubuntu, pero xa levaba un par de anos utilizando o Mozilla Firefox como navegador da Internet en Windows. É máis seguro, máis cómodo e, sobre todo, máis personalizable que o Explorer de Microsoft, ademáis de ser unha distribución libre, de código aberto, na que participan voluntarios de todo o mundo. Ata o de agora, o versión máis actual é o Firefox 2, pero este xuño sae por fin a terceira reinvención do mellor navegador actual.
Para levantar (aínda) máis expectación Mozilla decidiu crear unha campaña para meter Firefox 3 no libro dos récords, pretendendo acadar a marca do programa máis descargado en 24 horas. Obxectivamente, é bastante estúpido, non o vou negar, pero como xeito de promocionar á mellor alternativa ao Internet Explorer do Windows, que moitísima xente utiliza por descoñecemento doutras opcións, resulta bastante curioso.
Dende aquí anímovos non a participar neste "Download Day", senón a probar o Firefox, ben na súa actual versión ou na próxima actualización.

1 comentario:
Alex, lamento dicirche que Ubuntu é....bastante fodido de usar. O ano pasado o intalaron nos ordeadores do Colexio Maior e á hora de imprimir documentos matábamos pola compatibilidade.
Saudiña
Publicar un comentario