¿Quén brúa co-este xemido
d'imenso boi melancónico?
Nai: É a lúa, é a lúa
na Quintana dos mortos.
íSi, a lúa, a lúa
coronada de toxos,
que baila, e baila, e baila
na Quintana dos mortos!
Federico García Lorca
Volvía a casa entre o frío e a humidade, camiñando entre as sombras da xente que ía tras a festa. A medio camiño tomei a decisión: dei a volta para pasar por alí. Outra vez; esta, só. Fica a Quintana dos mortos, mollada, coma sempre, a pedra, mentres percorro o camiño a casa. Escoito fóra dos auriculares a goma empapada nas miñas pegadas. Unha, dúas, unha, dúas...sen eco, sen par, sen compaña. Mentres os focos alumean a catedral, a Berenguela esváese na escuridade do ceo nubrado, muda e xorda, sen lúa. Porque esta noite, sobre a Quintana, non había lúa. Esta noite, na Quintana, non había luz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario