20/3/09

A rapariga de rosa...

A rapariga de rosa non gustaba do mundo. Non vía nel cousa boa que compensase as malas, e ninguén a axudaba, ninguén a escoitaba.
A rapariga de rosa chora ao fondo da pechadura, mentres soa e inapetente da vida acelera o pulso dos seus nervios.
A rapariga de rosa cre que non vale trocar os pensamentos, nega o que ve e anúlase a si mesma. Inconformista cos seus ideais e saudosa dunha pragmática máis axeitada ao seu mundo, desbota mudar de principios, camiñar cara adiante e aprender dos golpes no canto de lamentalos.

Á súa idade só cabía cambiar, pero a rapariga de rosa, con tempo de sobra para ser feliz, aínda debía madurar aquela idea.

No hay comentarios:

Seguidores