Onde está o vento que me traía a súa voz cando me paraba a escoitala? Onde están a luces de neón que se acendían nas noites de delirio? Conto un a un os pequenos lóstregos que alumean desde dentro as paredes ateigadas de notas e escritos, de palabras e debuxos, e son, aos poucos, menos e máis febles. A habitación fica baleira e escura, e agora, cando luz chega de todos os recunchos fóra dela, nada parece ocorrer no seu interior, e todo o que nacía dos brazos da saudade dorme indefinidamente. A escuridade é demasiado humana como para deixala atrás sen perder nada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario