14/8/09

Canícula

Trinta e cinco graos de calor cando o sol xa non pega e o vento sopra son suficientes para fundirlle o cerebro a calquera ou, cando menos, para acabar coa escasa actividade que agosto permite desenvolver. Aínda así fun quen de chegar a casa, botar toda a roupa que levaba no chan do meu cuarto e ir directo á ducha. A auga fresca devolveume a vida, pero a agradábel sensación de resurrección durou o que a realidade térmica tivo a ben permitirme. Estaba só na casa, e a calor abafante coábase por cada fiestra e porta que atopase; decidín que vestirme era, de momento, evitábel. Acendín o ordenador, e facendo nada, vítima da traizoeira ociosidade, acabei cheirando en fotos de cretinos cos que nunca falara e, con sorte, xamais tería a facelo. Espido, comezando a suar de novo e diante dun monte de merda humana dixital, fíxenme a única pregunta que cabía facerse naquel absurdo silencio:

“Por que non estou a escoitar música?”

No hay comentarios:

Seguidores