10/4/08

Silvio Berlusconi acha o segredo da beleza feminina

Sempre tan profundo, Berlusconi. Sempre tan doce e educado. Así é este defensor das mulleres e da súa dignidade. El, clarividente, acaba de descubrir cal é a función das políticas: alén de gobernar, o que buscan é pasearse polos corredores de congresos e ministerios. Por iso, nun intelixente e impecable golpe de efecto, chama ás urnas pedindo o voto para o seu partido cun argumento abafante: as mulleres da dereita son máis guapas. Gustaríame felicitar a este home por tal descubrimento. É por todos coñecido que mulleres como Esperanza Aguirre ou Angela Merkel destacan non polas súas actuacións ao mando dos gobernos que dirixen, senón pola súa indiscutible beleza.

Chegados a este punto, homes do mundo, deixade que as mulleres fermosas nos dirixan. Deixade que esa muller obxecto, bandeira do recalcitrante machismo, non se peche ás rexeitadas revistas porno e pase ás portadas dos diarios máis serios. É o que Berlusconi ofrece aos italianos, é o seu argumento á hora de votar: se os de esquerdas non saben nin escoller a unha muller fermosa, como vai poder dirixir un país?

Despois aínda non sorprendemos de que haxa homes que maten ás súas mulleres, se alguén coma este individuo pode chegar a dirixir un Estado europeo como é o italiano. Pero, con todo...estupefacto me hallo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Lástima que se me haya dado por leer tu blog a la hora de la siesta, no debo molestar con mis sarcásticas carcajadas a las bellas durmientes.
En fin, yo no digo nada porque considero un paso absolutamente retrógrado el tener q contraargumentar a un machista como si de un auténtico orador se tratase.
Sólo una cosa: el 8 de marzo no vi tantas alusiones de aniversario como este 14 de abril... y eso de colocar al estado por encima de las personas me lleva a mirar hacia la derecha....

Anónimo dijo...

Por desgraz, Alex, o cabaleiro leva xa nmoito tempo nesto da política en saiu.

Está claro que hai de todo neste mundo; pero sedon Silvio vai por ahí dicindo esas cousas, é que de dirixente ten pouco e moito de mafias.
Apertas

Seguidores